jueves, 13 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DE 6º DE PRIMARIA

Este curso os nenos e nenas de 6º participamos por parellas como voluntarios na biblioteca nos recreos. Fixemos varias tarefas como anotar os libros que levaban ou devolvían, ordenar os andeis e ofrecer a nosa axuda aos máis pequenos.
Foi unha boa experiencia, é unha mágoa que xusto cando marchamos para o instituto estea tan modernizada. Esperamos que o próximo curso vós colaboredes na biblioteca seguindo o noso exemplo.
E recordade:”se vos queredes divertir á biblioteca teredes que vir”. Un saúdo da nosa parte a todos e todas.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! ATA OUTRA!


miércoles, 5 de junio de 2013

martes, 4 de junio de 2013

DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN COS LIBROS!


A finais do terceiro trimetre, dentro dunha campaña de fomento da lectura, contamos coa presencia do ilustrador Leandro Lamas para que nos falase do seu traballo; e que mellor xeito de coñecer o seu labor que convertirnos en ilustradores por un día. Así que todo o colexio púxose man á obra, mellor dito pincel en mán e participamos na elaboración dun mural, sempre guiados por Leandro. Coa súa destreza e paciencia achegounos ao fascinante mundo da creación artística.
A temática da nosa obra coma non podía ser doutro xeito, foron os libros co lema:
"DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN COS LIBROS"



BENVIDOS E BENVIDAS!

Son o mago Macín, a mascota da biblioteca do CEIP de Maciñeira e non se sabe moi ben como cheguei aquí. Os nenos e nenas contan diversas historias sobre isto, deixarémolo así...É un misterio.
Espero que nos visitedes a miúdo  no noso blog! ATA LOGO!


MURAL DE MACÍN REALIZADO POR MEMBROS DA ANPA.