sábado, 29 de octubre de 2016

SAMAÍN

Xa chegou o Samaín ao cole... que divertido!!! Para xogar un pouco deixovos algunhas adiviñas:

ENTRE PÓCIMAS Y BREBAJES
Y ALGÚN QUE OTRO MALEFICIO
SER LA MALA DE LOS CUENTOS
HA SIDO SIEMPRE SU OFICIO.
¿QUIÉN SOY?



ES UN MEDIO DE TRANSPORTE
NO ES COCHE, BARCO NI AVIÓN
LLEVA LAS BRUJAS AL NORTE 
Y LES BARRE LA MANSIÓN.
¿QUÉ SOY?


Espero as vosas respostas!!!!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares este curso cada aula elaborou unha bandeira cun lema para as Olimpiadas que celebraremos no cole dentro do proxecto As Olimpiadas de Maciñeira. Así quedaron:



AS OLIMPIADAS

Moitas grazas rapaces polas vosas respostas!!! Axudáronme moito e para que non se me olvide ningunha decidín poñelas todas xuntas. A ver si vos gusta:


sábado, 22 de octubre de 2016

CARTA DE BENVIDA DE MACÍN NAS AULAS

Así foi como recibimos nas aulas a carta de benvida que Macín nos enviou:


Seguro que Macín recibiu moita axuda pola vosa parte! Dentro de moi pouquiño saberémolo....

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Este curso inauguramos a biblioteca facendo un contacontos para os máis pequenos co conto "La pequeña oruga glotona" de Eric Carle e o visionado dun corto do conto "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore" do autor William Joyce. Así foi como disfrutamos desta sesión:


Tamén vos deixo o enlace ao corto para que podades disfrutar del tódalas veces que queirades:


sábado, 8 de octubre de 2016

BENVIDOS A TODOS!!!!

Xa comezou un novo curso e o Mago Macín quere darnos a benvida así:



Benvidos rapaces e rapazas a este novo curso!!
Xa estamos aquí de volta! Quería contarvos que este verán viaxei moito e coñecín moitos lugares. O que máis me gustou foi Río de Janeiro en Brasil, viaxei durante moitísimas horas para chegar ata alí. Sabedes donde está? Alí estaban celebrando algo que chamaban as “Olimpiadas” pero eu non teño moi claro que era iso... Vós podedes axudarme a averigualo? Sabedes o que son as Olimpiadas?
Espero as vosas respostas para descubrir e aprender moitas cousas durante este curso.
Moitas grazas a todos!!!!

MACÍN