martes, 21 de febrero de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS




Ola,son Lucía de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Marieta".

Esta colección ten 2 historias nun mesmo libro,por un lado conta a historia dunha señora cando era pequena (concretamente 8 anos en 1935) e por outro, a súa actualidade. Este libro é de estilo cómic, entón non se tarda moito en lelo.De momento hai 3 libros,e están na biblioeca do colexio. Recoméndovolos porque son moi divertidos e enganchan moito.






Ola,son Claudia de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Dad".


É un libro que recoméndovolo porque trata dun pai que intenta coidar a 4 nenas,a verdade é que se meten nuns líos, nos que a verdade é díficil de saír. Son historias soltas que tratan sobre líos nos que se mete Dad. Éste é de estilo cómic entón non se tarda moito en ler.De momento na biblioteca do colexio temos 2.

viernes, 17 de febrero de 2017

CALENDARIO 2017

Este curso para elaborar o calendario do ano 2017 os nenos/as fixeron uns debuxos preciosos relacionados co deporte e así de bonito quedou:


domingo, 5 de febrero de 2017

Día da Paz

Este curso para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia desde o equipo de biblioteca xunto co mago Macín reflexionamos sobre os valores do deporte xa que o proxecto son "As Olimpíadas". Isto foi o que resultou:




 Ademais os rapaces tamén reflexionaron sobre o tema escribindo ou debuxando valores do deporte nas figuras coas que formamos un arco da vella así de bonito: