jueves, 1 de diciembre de 2016

NOVIDADES

Boas rapaces e rapazas:
Quero presentarvos algunhas novidades que xa temos na biblioteca para que poidades ler moitas aventuras interesantes. Están á vosa disposición para que disfrutedes da súa lectura.

sábado, 5 de noviembre de 2016

MAGOSTO

Dentro de poucos días celebraremos o Magosto no cole, aquí vos deixo algúns poemas que nos falan del:


A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.




Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco





Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo




Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo




Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro




Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?




A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!




Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.




Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.


sábado, 29 de octubre de 2016

SAMAÍN

Xa chegou o Samaín ao cole... que divertido!!! Para xogar un pouco deixovos algunhas adiviñas:

ENTRE PÓCIMAS Y BREBAJES
Y ALGÚN QUE OTRO MALEFICIO
SER LA MALA DE LOS CUENTOS
HA SIDO SIEMPRE SU OFICIO.
¿QUIÉN SOY?



ES UN MEDIO DE TRANSPORTE
NO ES COCHE, BARCO NI AVIÓN
LLEVA LAS BRUJAS AL NORTE 
Y LES BARRE LA MANSIÓN.
¿QUÉ SOY?


Espero as vosas respostas!!!!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares este curso cada aula elaborou unha bandeira cun lema para as Olimpiadas que celebraremos no cole dentro do proxecto As Olimpiadas de Maciñeira. Así quedaron:



AS OLIMPIADAS

Moitas grazas rapaces polas vosas respostas!!! Axudáronme moito e para que non se me olvide ningunha decidín poñelas todas xuntas. A ver si vos gusta:


sábado, 22 de octubre de 2016

CARTA DE BENVIDA DE MACÍN NAS AULAS

Así foi como recibimos nas aulas a carta de benvida que Macín nos enviou:


Seguro que Macín recibiu moita axuda pola vosa parte! Dentro de moi pouquiño saberémolo....

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Este curso inauguramos a biblioteca facendo un contacontos para os máis pequenos co conto "La pequeña oruga glotona" de Eric Carle e o visionado dun corto do conto "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore" do autor William Joyce. Así foi como disfrutamos desta sesión:


Tamén vos deixo o enlace ao corto para que podades disfrutar del tódalas veces que queirades:


sábado, 8 de octubre de 2016

BENVIDOS A TODOS!!!!

Xa comezou un novo curso e o Mago Macín quere darnos a benvida así:



Benvidos rapaces e rapazas a este novo curso!!
Xa estamos aquí de volta! Quería contarvos que este verán viaxei moito e coñecín moitos lugares. O que máis me gustou foi Río de Janeiro en Brasil, viaxei durante moitísimas horas para chegar ata alí. Sabedes donde está? Alí estaban celebrando algo que chamaban as “Olimpiadas” pero eu non teño moi claro que era iso... Vós podedes axudarme a averigualo? Sabedes o que son as Olimpiadas?
Espero as vosas respostas para descubrir e aprender moitas cousas durante este curso.
Moitas grazas a todos!!!!

MACÍN

                                          


sábado, 25 de junio de 2016

XA CHEGOU O VERÁN!!!

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA NO VERÁN

DISFRUTADE DAS VOSAS LECTURAS!!!!!
 

miércoles, 22 de junio de 2016

DESPEDIDA DOS VOLUNTARIOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Pasamos moi bos momentos na biblioteca tanto como voluntarios como usuarios da mesma. Algúns ao principio non nos queriamos apuntar porque pensabamos que sería aburrido, pero... sabedes que? Estabamos moi equivocados, non só non é aburrido senón que é moi divertido e por iso repetimos os dous anos.
Que pronto pasou todo! Xa estamos en sexto e tócanos despedirnos do cole e da nosa ben quierida biblioteca. Botaremos moito de menos eses ratiños nos que apuntábamos libros no ordenador ou axudábamos aos máis pequerrechos tanto a coller ese libro que tanto lles gustaba como a acompañalos polas escaleiras ás súas aulas. Tamén a Pili e a Lidia, as dúas profes encargadas da biblioteca, que eran moi amables e divertidas con nós.
¡¡ATA PRONTO BIBLIOTECA!!



jueves, 9 de junio de 2016

EXPOSICIÓN "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS"

Antes de acabar o curso fixemos a exposición do material que elaborou cada aula con respecto ao que aprenderon sobre o país elexido e así quedou:


lunes, 25 de abril de 2016

23 ABRIL DÍA DO LIBRO

Xa chegou o 23 de abril e polo tanto a celebración do Día do Libro. Primeiro os maiores léronlles uns contos aos máis pequenos no "Apadriñamento lector" e así disfrutaron todos xuntos:


Para rematar a celebración, hoxe fixemos a "II Feira do Libro de Maciñeira" na que os rapaces e rapazas intercambiaron os libros cos compañeiros e compañeiras:



lunes, 21 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía. Como estamos de vacacións, no cole celebrámolo o venres 18 de marzo e que mellor forma de facelo que lendo poesías para o resto dos nosos compañeiros. Algúns nenos recitaron, outros leron poesías dalgún autor ou ben inventadas por eles mesmos. Así foi o noso particular recital de poesía:


domingo, 13 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celebramos no cole a Semana da Prensa. Para iso elaboramos entre tódolos cursos o xornal "Macinovas" e aquí podedes ver como quedou:









viernes, 15 de enero de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

O Mago Macín dános a benvida a este novo ano e 2º trimestre cunha gran sorpresa. Ten preparadas unhas mochilas viaxeiras cheas de libros e con algún dvd que a partir de hoxe irán ás vosas casas para que disfrutedes delas. Esperamos que vos gusten moito.