miércoles, 6 de diciembre de 2017

DÍA DA DISCAPACIDADE

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA DISCAPACIDADE , O 3 DE DECEMBRO, A BIBLIOTECA ORGANIZOU A PROXECCIÓN PARA TODAS AS AULAS DA CURTOMETRAXE “CUERDAS”, UNHA EXEMPLAR E  TENRA HISTORIA. ESPERAMOS QUE VEÑADES AGORA A LER O LIBRO!


ESCRITURA CREATIVA

O EQUIPO DE BIBLIOTECA E O DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA CONVOCAMOS O CONCURSO “OUTONO TERRORÍFICO” QUE CONTOU CUNHA GRAN PARTICIPACIÓN. MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!
OS GAÑADORES FORON: ROQUE, EDGAR, LOIS, ANXO, ÉRIK, NEREA, AINHOA, YAGO E ANDREA. NORABOA!
ADEMAIS ORGANIZAMOS O “OUTONO LITERARIO”. CADA CLASE SEGUINDO OS DIFERENTES MODELOS PROPORCIONADOS RELACIONADOS COAS FROITAS DA ÉPOCA E XOGOS POPULARES (A BUXAINA), ESCRIBIU: REFRÁNS, ADIVIÑAS, CANTIGAS, POESÍAS, XOGOS POPULARES E CONTOS.

jueves, 30 de noviembre de 2017

PROXECTO "GALICIA MÁXICA"

O PROXECTO DESTE CURSO, “GALICIA MÁXICA”, LEVARANOS POR UN CAMIÑO CHEO DE SERES MITOLÓXICOS DA NOSA CULTURA. SERÁ UN XEITO AMENO DE COÑECER DISTINTOS PERSOAXES DA MITOLOXÍA COS QUE VIVIREMOS INTERESANTES HISTORIAS, ADEMAIS DE CREAR OS NOSOS PROPIOS RELATOS.

AQUÍ VEDES UN MURAL CON DIFERENTES SERES MITOLÓXICOS FEITOS POLOS ALUMNOS, QUE ANTES TIVERON QUE LOCALIZAR NA SÚA CLASE TRAS SEGUIR VARIAS PISTAS E RESOLVER ADIVIÑAS PREVIAMENTE INVENTADAS. ESTE FOI O NOSO XEITO DE CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
TAMÉN ESTÁ A VOSA DISPOSICIÓN UNHA  EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE ESTA TEMÁTICA QUE SE INCREMENTARÁ PAULATINAMENTE.

A MEIGA, O TRASNO, A XACIA E O APALPADOR
A FADA, O UNICORNIO, O LOBISHOME E O SACAUNTOS


BENVIDOS E BENVIDAS A BIBLIOTECA

OLA, NENOS E NENAS, O VOSO AMIGO MACÍN, ESPERA VERVOS A COTÍO NA BIBLIOTECA. XA SABEDES QUE COA LECTURA PODEDES VIVIR MOITAS AVENTURAS!
AQUÍ TEDES FOTOS DA INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NESTE CURSO 17-18. A MODO DE BENVIDA OS NENOS DE INFANTIL DISFRUTARON DA SESIÓN DE CONTACONTOS CO LIBRO “O MONSTRO DE CORES”, E OS DE PRIMARIA DA PROXECCIÓN DE “ EL INCREÍBLE NIÑO COME LIBROS”.

jueves, 25 de mayo de 2017

domingo, 21 de mayo de 2017

CÓNTANOS A TÚA OPINIÓN

Boas rapaces, gustaríame saber algunhas cousiñas sobre o traballo que vimos realizando durante o curso. Para iso preciso que me contestedes as seguintes preguntiñas:


domingo, 7 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO

Xa celebramos no cole a "Semana do libro". Fixemos diferentes actividades comezando coas "Lecturas ao sol", todos os alumnos do cole saíron ao patio a ler un conto durante a hora da lectura. Cada un buscou o seu recuncho e posición para a lectura como podedes ver nas seguintes imaxes:


A seguinte actividade foi a sesión de contacontos coa visita de Iago López. Contounos o seu conto "O cociñeiro Martiño". Gustounos moitísimo!!!!:


Logo chegou o "Apadriñamento lector" no que os nenos de 6º, 5º, 4º e 3º leron contos aos nenos de Educación Infantil no patio. Así foi a actividade:


E para rematar esta bonita semana celebramos a "III Feira do Libro" na que os nenos do cole intercambiaron os libros cos seus compañeiros:



Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!!!


domingo, 16 de abril de 2017

Día da Poesía

O día 21 de marzo commemórase o Día da Poesía, por iso no cole xuntámonos tódolos cursos para celebrar o "II Recital de Poesía de Maciñeira". Durante esa semana convertémonos en poetas e poetisas para inventar, ler ou recitar poesías aos nosos compañeiros. Así o fixemos:


miércoles, 12 de abril de 2017

CURIOSIDADES DA PRENSA DEPORTIVA

Boas rapaces, aquí tedes algunhas curiosidades sobre a prensa deportiva para que saibades un pouquiño máis:


lunes, 10 de abril de 2017

SEMANA DA PRENSA

Boas rapaces e rapazas!!!!
Xa celebramos a semana da prensa, quero ensinarvos como quedou todo o voso traballo realizado durante esta semana. Sodes moi bos periodistas!!!

martes, 21 de febrero de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS




Ola,son Lucía de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Marieta".

Esta colección ten 2 historias nun mesmo libro,por un lado conta a historia dunha señora cando era pequena (concretamente 8 anos en 1935) e por outro, a súa actualidade. Este libro é de estilo cómic, entón non se tarda moito en lelo.De momento hai 3 libros,e están na biblioeca do colexio. Recoméndovolos porque son moi divertidos e enganchan moito.






Ola,son Claudia de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Dad".


É un libro que recoméndovolo porque trata dun pai que intenta coidar a 4 nenas,a verdade é que se meten nuns líos, nos que a verdade é díficil de saír. Son historias soltas que tratan sobre líos nos que se mete Dad. Éste é de estilo cómic entón non se tarda moito en ler.De momento na biblioteca do colexio temos 2.

viernes, 17 de febrero de 2017

CALENDARIO 2017

Este curso para elaborar o calendario do ano 2017 os nenos/as fixeron uns debuxos preciosos relacionados co deporte e así de bonito quedou:


domingo, 5 de febrero de 2017

Día da Paz

Este curso para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia desde o equipo de biblioteca xunto co mago Macín reflexionamos sobre os valores do deporte xa que o proxecto son "As Olimpíadas". Isto foi o que resultou:




 Ademais os rapaces tamén reflexionaron sobre o tema escribindo ou debuxando valores do deporte nas figuras coas que formamos un arco da vella así de bonito:





miércoles, 25 de enero de 2017

MASCOTA GAÑADORA DAS OLIMPIADAS

A mascota gañadora das olimpiadas é:

NORABOA Ó GAÑADOR!!!!!!!!

MASCOTA OLIMPIADAS

Boas rapaces e rapazas:
Estou moi contento pola vosa participación na elección da mascota das Olimpiadas, xa vin que traballachedes moito e deixachedes voar a vosa imaxinación. Iso gústame moito. Estas son as mascotas que presentáchedes por aula: