domingo, 24 de junio de 2018

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS DO PROXECTO "GALIZA MÁXICA"


A mestra de inglés colaborou no proxecto da biblioteca “Galiza máxica”, organizando unha obra de teatro en inglés (con tradución en castelán) inspirada no conto “Room on the broom”.
Un grupo de nenos e nenas de 6º de EP  foron os protagonistas  desta obra, que representaron para o resto do colexio o martes 19 de xuño. Estiveron a ensaiar durante todo o curso, unhas veces no momento lector e outras no recreo. Tiveron que tomar decisións   sobre o vestiario, decoración, distribución de papeis, elaboración de guión, tradución do conto e deseño dos pases...Todo supervisado pola súa mestra de inglés.
Grazas ao seu traballo, puidemos asistir a unha entretida sesión teatral.





jueves, 21 de junio de 2018

DESPEDIDA DE VOLUNTARIOS

 GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA BIBLIOTECA!
AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º EP, DESEXÁMOSVOS O MELLOR NA VOSA NOVA ETAPA ESCOLAR.
ESPERAMOS CONTAR CON VÓS O PRÓXIMO CURSO!

jueves, 14 de junio de 2018

ENQUISA PROFESORADO GALICIA MÁXICA

E para rematar, pedimos un último esforzo ao profesorado tamén para responder unhas preguntiñas. Moitas grazas

ENQUISA ALUMNADO GALICIA MÁXICA

Boas rapaces e rapazas! Vouvos a pedir un último esforzo para que me contestedes unhas preguntiñas sobre o proxecto "Galicia máxica" que desenvolvimos durante o curso. Moitas grazas.

miércoles, 6 de junio de 2018

GUÍA DE LECTURA VERÁN

Boas rapaces e rapazas!!
Xa queda pouquiño para rematar o curso, por iso quería deixarvos unha guía de lecturas para o verán, seguro que teredes algún momento para dedicarllo á lectura de historias moi interesantes. Deséxovos un feliz verán!!!


lunes, 4 de junio de 2018

sábado, 2 de junio de 2018

PRESENTACIÓNS DE PERSOAXES MITOLÓXICOS

PARA FINALIZAR O NOSO PROXECTO "GALIZA MÁXICA", CADA CLASE ORGANIZOU UNHA PRESENTACIÓN DO SEU PERSOAXE MITOLÓXICO AO RESTO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. CADA AULA LIBREMENTE ELEXIU FACELO POR MEDIO DUN CONTO, VIDEO, CANCIÓN, CARTEIS EXPLICATIVOS... AQUÍ TEDES ALGÚN DOS  EXEMPLOS DESTAS ILUSTRATIVAS PRESENTACIÓNS:
APALPADOR

FADAS 

SACAÚNTOS

TRASNO

XACIA
MEIGO

ALICORNIO


CONTOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

ESTAS SON ALGUNHAS IMAXES DOS CONTOS QUE INVENTOU CADA AULA SOBRE DIFERENTES SERES MITOLÓXICOS. DENTRO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS LEVARON UNHA PLANTILLA PARA COMEZAR O CONTO NAS SÚAS CASAS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, QUE ASÍ TAMÉN PARTICIPABAN DO NOSO PROXECTO “GALIZA MÁXICA”. DESTE XEITO QUEDAN NA BIBLIOTECA UNS ORIXINAIS CONTOS  CON APORTACIÓNS FAMILIARES.
" AVENTURA DOS OITO"
HISTORIA DUNHA FADA

" A XACIA NO SAMAÍN"


"A MEIGA E OS BOMBEIROS"
" O SACAÚNTOS"

"O TRASNO E OS SEUS AMIGOS"