miércoles, 27 de diciembre de 2023

TOLO CONTO DE NADAL

      O martes 19 a ANPA do cole nos ofreceu o espectáculo: Tolo conto de Nadal de Duende Sico. Como nos gustou!!

 

FAMILIAS VOLUNTARIAS

      O 14 de decembro tivemos a sorte que nos visitou Cristina, a nai dunha alumna de 5º EI, para contarnos uns contos. No 1º recreo contounos: Las cuatro estaciones en un día e no 2º recreo: Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón. Que ben o pasamos!!





APADRIÑAMENTO LECTOR

      Ao longo deste trimestre continuamos co apadriñamento lector do curso pasado. Este ano incorporouse o alumnado de 3º EP que xunto cos compañeiros e compañeiras de 4º, 5º e 6º EP van todas as semanas a lerlles contos ao alumnado de Infantil e 1º EP. Aquí podedes ver algunhas fotos:



A CIENCIA EN GALEGO

     A semana do 20 de novembro polo Mes da ciencia en galego o alumnado voluntario de 5º e 6º EP realizaron experimentos no recreo para os seus compañeiros e compañeiras máis pequenos. Como lles gustou!!!











25N: O PAÍS DOS MANDÓNS

   Para conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado de 6º EP leunos o conto O país dos mandóns e entre todo o alumnado do cole elaboramos o mural O País da Igualdade.



lunes, 27 de noviembre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

     Polo Día das bibliotecas escolares o alumnado estivo facendo unhas probas en educación física coas que ía conseguindo pezas dun crebacabezas e, ao rematalo... Sorpresa!! Era a portada dun libro de banda deseñada que terían de agasallo para a súa aula. Podedes ver aquí o ben que o pasaron.

lunes, 20 de noviembre de 2023

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

      O sábado 25 é o Día contra a violencia de xénero. A próxima semana realizaremos unha actividade para conmemoralo pero mentres xa temos preparado o recanto na biblio con libros relacionados coa igualdade entre nenas e nenos e o empoderamento das mulleres.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

     En novembro conmemórase o mes da ciencia en galego e nós para celebralo, esta semana poderemos desfrutar na biblioteca de experimentos realizados polo alumnado voluntario do 3º ciclo. Animádevos a pasar e experimentar con nós.

viernes, 27 de octubre de 2023

LER CONTA MOITO

    Esta semana dentro do programa “Ler conta moito” da Rede Galega de Bibliotecas Públicas o alumnado do cole puidemos ir á Casa da cultura de Neda a desfrutar de diferentes actuacións.

    O alumnado de educación infantil asistiu á obra “O traxe novo do rei”, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP puido gozar do espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín” e o alumnado de 5º e 6º EP desfrutou do espectáculo participativo “Unha maxia diferente”.

 

 

 

miércoles, 18 de octubre de 2023

SAMAÍN

    Boas rapazas e rapaces!

   Estamos no mes do Samaín, pero, sabedes de onde vén esta festa?

   É unha celebración de orixe celta, na que celebraban a fin de verán e o comezo do inverno. O día 31 de outubro comezaba o aninovo celta que o cristianismo reconverteu despois no día de todos os santos.

   Nesa noite do 31 de outubro as ánimas dos mortos volvían ás súas casas para visitar ás familias, quentarse na lareira e alimentarse.

  Para que as ánimas atoparan as vellas casas e para espantar os espíritos malignos as familias deixaban caveiras cunha vela acesa dentro nas portas das casas. De aí vén a nosa tradición de facer os calacús.

  Na biblioteca xa temos a nosa selección de libros de Samaín, non vola perdades!!! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

     O martes 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas escolares. O lema este ano é: “Unha biblioteca escolar en viñetas” e quere poñer o foco en todas as posibilidades que nos ofrece a banda deseñada.

     Estade moi atentas esta semana nas clases de Educación Física porque ides levar algunha sorpresiña relacionada con isto.

     Xa nos contaredes...

viernes, 13 de octubre de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

      O luns 16 conmemórase o Día das escritoras. Dende a biblio animámosvos a que leades libros escritos por mulleres, aquí temos un montón: de Ledicia Costas, Fina Casalderrey, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Susana Isern, Gloria Fuertes, J.K. Rowling.....
     Ademais este ano estamos de celebración porque dúas escritoras galegas levaron premios nacionais:
     YOLANDA CASTAÑO: Premio nacional de Poesía. Dela temos os libros: Punver e Punver de volta.


 

     PAULA CARBALLEIRA: Premio nacional de literatura dramática. Dela podedes ler: Paco, Mateo, O refugallo, Somos os monstros... e moitos máis. 

 


DE VOLTA CON VÓS

     Ola rapazas e rapaces!!!

   Iniciamos novo curso e este ano con novidades!!! Pasade pola biblio para descubrilas!

  O horario este curso será nos recreos do martes, mércores, xoves e venres.

    Vémonos!!!


 

miércoles, 7 de junio de 2023

REMATA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

     Acércase a fin de curso e a viaxe das mochilas viaxeiras chega ao seu fin. Fostes moitos os alumnos e alumnas que nos enviastes imaxes coas vosas manualidades con material de refugallo. Nas fotos seguintes vedes as últimas que nos mandaron Aldara e HIlde de 6º EI e Celia, Martina, Noemi e Valentina de 2º EP.

     Grazas a todas/os por participar e non vos esquezades nunca de reducir o voso consumo e de reutilizar todo o que poidades.






 

FLORES PARA ROSALÍA

    E xa ben entrada a primavera empezaron a saír as nosas primeiras Flores para Rosalía. 

     Vaia xardín tan bonito que está quedando!!!


 

jueves, 25 de mayo de 2023

ENQUISA PARA O ALUMNADO

      E para seguir mellorando precisamos, por suposto, a opinión do alumnado que é a quen están dirixidas todas as actividades que facemos.

      Se premedes na imaxe tendes o acceso á enquisa sobre a biblio:

 

ENQUISA PARA O PROFESORADO

      O curso está para rematar e, coma todos os anos, queremos facer unha pequena enquisa que nos axude a avaliar as actividades realizadas e así poder mellorar para o vindeiro curso. Na seguinte ligazón tendes a enquisa para o profesorado:

miércoles, 10 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS

     Como todas sabedes o 17 de maio celébranse as nosas letras que este ano están dedicadas a Francisco Fernández del Riego, intelectual galeguista que traballou a prol da nosa lingua e da nosa cultura.

     Na biblio xa contamos, coma sempre, co recanto adicado a esta conmemoración. Podedes vir a botarlle un ollo cando queirades!

 

     A RAG xa ten preparado o seu material sobre o autor na páxina da Primavera das Letras. Premede nesta imaxe para velo:

 

     Ademais, dende o Seminario Galán ofrécennos diferentes actividades en rede e en papel para coñecer a súa vida e obra. Aquí tendes o enlace:

 

     No noso cole, ademais da exposición sobre a súa vida e obra, fixemos un gran póster con todas as imaxes do alumnado e profesorado do cole:


No seguinte vídeo podedes ver algunha das fotos: