lunes, 27 de febrero de 2023

FLORES PARA ROSALÍA

Mañá celebramos o Día de Rosalía no cole. Cada aula lerá uns poemas creados por eles e escritos nun papel con sementes que despois plantaremos.

Veredes que flores tan bonitas van saír para Rosalía!!

Aquí tendes os poemas:

3 ANOS



4 ANOS



5 ANOS



1º EP


2º EP

 



3º EP



4º EP

 
 

5º EP


 
 
6º EP


miércoles, 22 de febrero de 2023

CALDO DE GLORIA

      Dende a Fundación Rosalía de Castro un ano máis anímannos a elaborar o Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a loita diaria da supervivencia.

     Poñemos agora un vídeo no que se pode ver a elaboración do caldo polo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras. Animade ás vosas familias a que volo fagan. Xa veredes que rico!!

 


DOCUMENTAL POLO DÍA DE ROSALÍA

      O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. O curso pasado o alumnado do noso cole realizou un documental para dala a coñecer, aquí o podedes ver de novo.

 


jueves, 9 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

       

 

     Este sábado día 11 é o Día da muller e a nena na ciencia. Podedes acercarvos pola nosa biblio e coñecer a vida das moitísimas mulleres que nos abriron a porta á ciencia coma Isabel Zendal ou Ángeles Alvariño. Aquí vos deixo un par de libros. Animádevos e botarlle un ollo!!



 

lunes, 6 de febrero de 2023

A ROSALÍA

     O 23 deste mes celebramos o Día de Rosalía e dende as aulas xa están preparando a actividade que levaremos a cabo para conmemoralo.

     Mentres agardamos, deixo aquí un vídeo da canción: “A Rosalía (No bico un cantar)” do libro - disco Rosalía pequeniña de Uxía. Tema feito por Luis Emilio Batallán a partir do poema de Curros Enríquez : “A Rosalía". 

 

VAIA ARTISTAS!!!

Comezamos un novo ano e as mochilas seguen viaxando de casa en casa e seguen traéndonos novas manualidades con material de refugallo. Aquí podedes ver as de Izan, Julia e Martina de 2º EP e Xela de 1º EP.