mércores, 29 de maio de 2024

ENQUISA PARA O PROFESORADO

      E, para seguir mellorando, precisamos tamén a opinión do profesorado. Se premedes na seguinte imaxe tendes o acceso á enquisa:

 

ENQUISA PARA O ALUMNADO

    O curso está para rematar e, coma todos os anos, queremos facer unha pequena enquisa que nos axude a avaliar as actividades realizadas e así poder mellorar para o vindeiro curso. Na seguinte ligazón tendes a enquisa para o alumnado:

mércores, 22 de maio de 2024

CONTACONTOS

      Este xoves o alumnado de 1º ciclo recibiu a visita de David Rodríguez que nos veu contar o libro Superavoa do que é tanto autor coma ilustrador. Que ben o pasamos!!!




ÁNGELA RUÍZ ROBLES

      Continuando co proxecto “O que non se nomea non existe” o alumnado de Proxecto competencial de 1º EP, investigaron sobre a inventora do libro electrónico, Ángela Ruíz Robles, unha mestra que viviu moi preto de nós, en Ferrol. Aquí tendes o vídeo que elaboraron:

domingo, 19 de maio de 2024

MAIOS

      Coma en cursos anteriores, o Concello de Neda organizou Os Maios en Albarón. Alí, xunto cos compañeiros e compañeiras do CEIP San Isidro fixemos os nosos Maios, participamos nun obradoiro de muiñeira e degustamos uns boliños con chourizos. Aquí podedes ver algunha foto do ben que o pasamos.






CORRELINGUA

      O luns 6 de maio acercámonos ao Pazo de Cultura de Narón para participar no Correlingua. Alí puidemos gozar da música de Gramola Gominola.