jueves, 25 de mayo de 2017

domingo, 21 de mayo de 2017

CÓNTANOS A TÚA OPINIÓN

Boas rapaces, gustaríame saber algunhas cousiñas sobre o traballo que vimos realizando durante o curso. Para iso preciso que me contestedes as seguintes preguntiñas:


domingo, 7 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO

Xa celebramos no cole a "Semana do libro". Fixemos diferentes actividades comezando coas "Lecturas ao sol", todos os alumnos do cole saíron ao patio a ler un conto durante a hora da lectura. Cada un buscou o seu recuncho e posición para a lectura como podedes ver nas seguintes imaxes:


A seguinte actividade foi a sesión de contacontos coa visita de Iago López. Contounos o seu conto "O cociñeiro Martiño". Gustounos moitísimo!!!!:


Logo chegou o "Apadriñamento lector" no que os nenos de 6º, 5º, 4º e 3º leron contos aos nenos de Educación Infantil no patio. Así foi a actividade:


E para rematar esta bonita semana celebramos a "III Feira do Libro" na que os nenos do cole intercambiaron os libros cos seus compañeiros:



Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!!!