miércoles, 21 de diciembre de 2022

MANUALIDADES DE NADAL

    Na aula de 6º EI estiveron facendo estas manualidades de Nadal con material de refugallo. Así aprenderon a importancia que teñen as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) para SOSter o mundo coas nosas mans.

   Mirade que ben lles quedaron!!

 










 

miércoles, 14 de diciembre de 2022

MÁIS MANUALIDADES DA MOCHILA VIAXEIRA

Ola!

Que ben!!! Dende a casa seguides a facer arte con material de refugallo!

Mirade que cousiñas tan bonitas fixeron os vosos compañeiros e compañeiras: 

 

Breixo de 5º EI fixo unha galiña gardacousas cunha caixa de mistos.

 
 

Noemi de 2º EP, un boneco de neve con cartóns de ovos.


Xandre de 2º EP coa axuda do seu irmá Xalo fixo estas manualidades con cartóns de ovos.

 

Noa de 3º EP fixo un telescopio cunha botella de plástico.

 


Animádevos a mandar as vosas!!!


lunes, 28 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

     Bo día rapazas e rapaces!

    Aquí temos os vídeos que nos enviastes polo Mes da ciencia en galego.

     Grazas a todas e todos por participar!

 

Feito con Padlet

jueves, 24 de noviembre de 2022

25N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

      O venres 25 conmemórase o Día contra a violencia de xénero. No recanto temático da biblioteca podedes atopar libros relacionados coa igualdade entre nenas e nenos e a vida de moitas mulleres da nosa historia. Animádevos a pasar por alí e poderedes descubrir un montón de cousas sobre estas mulleres que nos foron abrindo camiño.


 

NOVAS MANUALIDADES

     Xa temos máis manualidades con material de refugallo, desta vez as achegas son de Hugo Casal de 2º EP e Hilde e Aldara de 6ª EI.



lunes, 21 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

      No mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego. Nós xa temos no corredor da entrada un estante cunha selección dos libros que podedes atopar na nosa biblio

 


 

      Ademais dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística anímanvos a gravar un experimento na nosa lingua e enviarnos o vídeo para poder compartilo con todos vós. Na mesa que se atopa á entrada da biblioteca podedes atopar unha selección de libros de experimentos que vos poden dar algunha idea.

      Aquí podedes ver o experimento que nos enviou Oliver de 2º EP.

 


 


lunes, 14 de noviembre de 2022

MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Boas rapazas e rapaces!!

Xa temos as primeiras fotos das manualidades feitas con material de refugallo. Os artistas son Alex de 2º EP e Aldara de 3º EP.

Mirade que ben lles quedaron!!





MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Boas rapazas e rapaces!

Que sorte teñen os nosos alumnos e alumnas de Infantil e 1º EP!!

Todas as semanas os compañeiros e compañeiras de 4º, 5º e 6º EP van polas súas aulas a contarlles contos e a facerlles gozar con historias fantásticas!!

Aquí podedes ver algunhas fotos:









miércoles, 9 de noviembre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola rapaces e rapazas!!!

Xa temos en circulación as mochilas viaxeiras e este ano como parte do proxecto “SOSteño o mundo coas miñas mans” engadimos un libro de manualidades con material de refugallo.

Estade moi atentos/as á nota que vos deixei dentro da mochila xa que aí vos animo a facer algunha e a mandar unha foto ao noso correo: bibliomacin@gmail.com para que poidamos velas todas no noso blog.

 


 


sábado, 5 de noviembre de 2022

SOSteño o mundo coas miñas mans

    Este é o título do proxecto que levaremos a cabo neste curso e nel aprenderemos como podemos axudar ao noso planeta. Estade moi atentos/as ás actividades que vos propoña e...

Animádevos a SOSter o mundo coas vosas mans!!!



XA ESTAMOS DE VOLTA

Ola rapazas e rapaces!!!

Despois de facervos a formación de usuarios tivo lugar a inauguración da biblioteca que estará aberta para todos/as vós os martes e xoves no tempo de lecer. 

Coma noutros cursos, contaremos coa colaboración dos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º EP pero este ano uníronse na primeira quenda do recreo os alumnos e alumnas de 3º EP.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

 


sábado, 25 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS FIN DE CURSO

 Xa rematou o curso! Para que sigades disfrutando das maravillosas aventuras que esconden os contos, deixovos unhas recomendacións para toda a familia. Espero que disfrutedes das lecturas e vémonos en setembro!
Unha aperta.
Macín

lunes, 23 de mayo de 2022

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para commemorar este día propuxémosvos investigar sobre mulleres galegas relacionadas co cine (actrices, directoras, productoras, fotógrafas...). Así quedou todo o voso traballo na nosa "Carteleira de Mulleres de Cine".




martes, 3 de mayo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapazas e rapaces, xa podedes disfrutar doutro experimento que nos presenta Lucía Verdú de 3º de E.P.


FLUIDO NO NEWTONIANO

sábado, 30 de abril de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas:
Xavi, o voso compañeiro de 5º de E.I. quere mostrarvos a súa receita. Ollade.


RECEITA XAVI

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas:
Xa temos un novo experimento que nos mostra Aldara, unha compañeira de 2º de E.P. Espero que disfrutedes facéndoo con ela.



martes, 19 de abril de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Nesta ocasión Noa de 2º de E.P. quere ensinarvos o seu experimento "Erupción volcanica".


Erupción volcánica

martes, 5 de abril de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

Boas rapaces e rapazas!!
Xa temos aquí outra receita que nos mostra Martín, un alumno de 1º de E.P.


 

lunes, 28 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapazada!
Álex, un compañeiro de 1º de E.P. quere mostrarvos como fixo os "Canutillos de crema". 



sábado, 26 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Nesta ocasión será Martina Gordillo de 5º E.I. quen nos vai presentar a receita que fixo cando estivo a mochila viaxeira na súa casa.



jueves, 17 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas a tod@s outra vez! Mateo, un alumno da clase de 5 anos, quere mostrarvos a súa receita de palmeritas con xamón e queixo.


PALMERITAS DE XAMÓN E QUEIXO

jueves, 10 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

Ola rapaces e rapazas! Andrea Martínez de 3º de E.P. quere mostrarvos o seu experimento. 


LA CIENCIA CON ANDREA 

miércoles, 9 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Ola de novo! 
Hoxe Gabriel, un alumno de 2º de E.P. quere presentarnos o seu experimento.



sábado, 5 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

Ola rapazada! 
Xa temos outra receita que nos trae Ángel de 1º de E.P. para aprender a facer un biscoito.


BISCOITO 

sábado, 26 de febrero de 2022

CALENDARIO 2022

 Boas!
Gustaríame mostrarvos como quedou o calendario co voso fantástico traballo!
Moitas grazas  pola vosa colaboración!


UN ANO DE CINE

domingo, 20 de febrero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Valentina de 1º E.P. quere presentarvos un postre típico de Cariño, xa veredes que rico!!!

VALENTINA

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Xa temos aquí outra receita, esta vez feita por Leo, un alumno de 4 anos. Tráenos "palmeritas de hojaldre".

PALMERITAS DE HOJALDRE

martes, 15 de febrero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Quero compartir con vós dúas receitas para facer "torradas" que nos mostran Celia e Xandre de 1º de E.P.


Celia facendo torradas








domingo, 13 de febrero de 2022

O DOCUMENTAL

Boas a tod@s:
A continuación déixovos información sobre o que é un documental para que poidades facer o voso.

 

martes, 8 de febrero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas de novo!!
Xa temos outra receita, que nos presenta Martina Gil de 1º de E.P.  A continuación podedes aprender a facela co seguinte vídeo:



miércoles, 2 de febrero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapaces e rapazas!
Chegounos outra receita moi rica que nos fixo Izan de 1º E.P. Aquí vos deixo como sempre unha mostra de como a fixo:

BUÑUELOS DE VIENTO

martes, 18 de enero de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, este curso pedímosvos que fixerades un debuxo da vosa película favorita e así quedou o resultado:



domingo, 16 de enero de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

 Boas rapazada!!!
Nesta ocasión é Diego Martínez da clase de 5 anos, quen quere amosarnos a súa experiencia coa mochila viaxeira e por suposto unha receita de cociña.