MACIN,
A MASCOTA DA BIBLIOTECA, ESTÁ MOI CONTENTO PORQUE INAUGURAMOS A BIBLIOTECA PARA
ESTE CURSO CON DIVERSAS ACTIVIDADES: ELABORACIÓNS DE MARCAPÁXINAS, VISIONADO DE
CURTOS E POEMAS MUSICADOS PARA TODAS AS IDADES.
domingo, 9 de decembro de 2018
FORMACIÓN DE USUARIOS
BENVIDOS NENOS E NENAS A ESTE NOVO
CURSO 2018/2019! COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA COA FORMACIÓN DE USUARIOS PARA
QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA. ESTES
ALUMNOS E ALUMNAS SON OS VOLUNTARIOS DESTE CURSO, E ADEMAIS IRÁN FORMANDO
PAULATINAMENTE AO RESTO DOS COMPAÑEIROS
E COMPAÑEIRAS DE PRIMARIA. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
domingo, 24 de xuño de 2018
OBRA DE TEATRO EN INGLÉS DO PROXECTO "GALIZA MÁXICA"
A mestra de inglés colaborou no proxecto da biblioteca “Galiza
máxica”, organizando unha obra de teatro en inglés (con tradución en castelán)
inspirada no conto “Room on the broom”.
Un grupo de nenos e nenas de 6º de EP foron os protagonistas desta obra, que representaron para o resto do
colexio o martes 19 de xuño. Estiveron a ensaiar durante todo o curso, unhas
veces no momento lector e outras no recreo. Tiveron que tomar decisións sobre o vestiario, decoración, distribución de papeis, elaboración
de guión, tradución do conto e deseño dos pases...Todo supervisado pola súa
mestra de inglés.
Grazas ao seu traballo, puidemos asistir a unha entretida
sesión teatral.
xoves, 21 de xuño de 2018
DESPEDIDA DE VOLUNTARIOS
venres, 15 de xuño de 2018
ENQUISA PROFESORADO GALICIA MÁXICA
E para rematar, pedimos un último esforzo ao profesorado tamén para responder unhas preguntiñas. Moitas grazas
ENQUISA ALUMNADO GALICIA MÁXICA
Boas rapaces e rapazas! Vouvos a pedir un último esforzo para que me contestedes unhas preguntiñas sobre o proxecto "Galicia máxica" que desenvolvimos durante o curso. Moitas grazas.
mércores, 6 de xuño de 2018
GUÍA DE LECTURA VERÁN
Boas rapaces e rapazas!!
Xa queda pouquiño para rematar o curso, por iso quería deixarvos unha guía de lecturas para o verán, seguro que teredes algún momento para dedicarllo á lectura de historias moi interesantes. Deséxovos un feliz verán!!!
Xa queda pouquiño para rematar o curso, por iso quería deixarvos unha guía de lecturas para o verán, seguro que teredes algún momento para dedicarllo á lectura de historias moi interesantes. Deséxovos un feliz verán!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)