A mestra de inglés colaborou no proxecto da biblioteca “Galiza
máxica”, organizando unha obra de teatro en inglés (con tradución en castelán)
inspirada no conto “Room on the broom”.
Un grupo de nenos e nenas de 6º de EP foron os protagonistas desta obra, que representaron para o resto do
colexio o martes 19 de xuño. Estiveron a ensaiar durante todo o curso, unhas
veces no momento lector e outras no recreo. Tiveron que tomar decisións sobre o vestiario, decoración, distribución de papeis, elaboración
de guión, tradución do conto e deseño dos pases...Todo supervisado pola súa
mestra de inglés.
Grazas ao seu traballo, puidemos asistir a unha entretida
sesión teatral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario