Cando rematamos a comida, fixemos a nosa tertulia sobre a libro, que personaxe lles gustou máis, que diálogo recordaban mellor, etc. pero sobre todo se entenderon ben a historia e todo o trasfondo que trata.
Dado que se trataba dunha obra de teatro, por parellas estivemos dramatizando as escenas que escollemos de entre as moitas do libro.
A continuacion, realizamos unha actividade súper interesante que nos encantou. Tratábase de, igual que na obra, coser unha mensaxe secreta, pero neste caso empregamos fío fluorescente. Así, a nosa mensaxe pode lerse na escuridade empregando unha luz negra. Cada un dos membros do club, nun anaco de tea e empregando un bastidor, cosimos unha letra, unha palabra, un símbolo... cada un o que decidiu. Despois, empregamos a luz engra na escuridade para descubrir as nosas mensaxes secretas. Foi unha pasada!
Finalmente, fixemos a devolución e o empréstito da seguinte lectura:O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.



Ningún comentario:
Publicar un comentario