Amosando publicacións coa etiqueta Isidoro Valerio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Isidoro Valerio b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 12 de marzo de 2026
O profesorado de Maciñeira remata a formación de Radio na Biblio
Hoxe, o profesorado de Maciñeira tivemos a última sesión de formación en Radio na Biblio con Isidoro Valerio, grazas ao Plan de Formación Permanente do Profesorado, dentro do itinerario de Polos Creativos, coordinado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Nesta última sesión repasamos todos os contidos aprendidos nas sesións anteriores, ademais de resolver dúbidas concretas do profesorado, unha vez que empezamos proñer en práctica as aprendizaxes desenvolvidas grazas a esta formación.
Desde aquí queremos agradecera Isidoro Valerio a súa paciencia e a súa profesionalidade, así como ao CFR pola súa coordinación neste aspecto. Esperamos, grazas a estes coñecementos, que a nosa Radio Belelle vaia crecendo pouco a pouco e podamos compartila con toda a comunidade educativa.
martes, 13 de xaneiro de 2026
O profesorado de Maciñeira continúa formándose en Radio na Biblio
Como xa sabedes, na Biblioteca de MAcín do CEIP de Maciñeira estamos inmersos no programa Radio na Biblio e este martes o profesorado recibiu a segunda sesión de formación en radio escolar da man de Isidoro Valerio, por medio do Plan de Formación Permanente do Profesorado, dentro do itinerario de Polos Creativos, coordinado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Nesta segunda sesión de formación, ademais de recordar os pasos máis importantes á hora de realizar unha gravación dun podcast coa nosa mesa de son e o programa Audacity, aprendimos tamén a editar unha gravación unha vez realizada, para poder incluír música ou efectos de son. Recordamos asimesmo a forma de emprego da música comercial e a libre de dereitos e as distintas plataformas de audio nas que atopar ditas músicas e efectos.
Ademais, fixemos novas probas de gravación de podcast e recibimos consellos moi útiles á hora de empregar os micrófonos, utilizar a mesa de son etc.
Como claustro, estamos moi motivados coa incorporación da radio escolar "Radio Belelle" e estamos xa comezando a traballar con elas nas titorías e en outras actividades.
xoves, 13 de novembro de 2025
O profesorado de Maciñeira fórmase en Radio na Biblio
Desde finais do curso pasado, a Biblioteca de Macín conta con equipamento de radio grazas ás dotacións de Polos Creativos, polo que este curso animámonos a participar no programa Radio na Biblio.
Deste xeito, o profesorado do CEIP de Maciñeira comezamos esta tarde a formarnos en radio escolar da man de Isidoro Valerio, presentador do programa de radio Voces de Ferrol. Esta é unha das iniciativas do Plan de Formación Permanente do Profesorado do noso centro, coordinado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Nesta primeira sesión, aprendimos como funciona a nosa emisora de radio e o programa informático para gravar os nosos primeiros podcasts, coñecemos os distintos elementos da emisora e cómo empregalos e recibimos consellos técnicos para o uso dos micrófonos.
Tamén aprendimos certas nocións de edición de audio, o emprego de uso de música comercial e/ou libre de dereitos, as distintas formas de compartir podcasts en aplicacións específicas ou redes sociais e incluso, realizar entrevistas radiofónicas mediante chamadas por mensaxería.
Estamos desexando aprender máis e lanzar ao ar a nosa radio escolar. De momento, xa temos novo logo, ainda que conservamos o nome da antiga radio escolar do cole de Maciñeira: RadioBelelle.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)



.jpg)



.jpg)