Amosando publicacións coa etiqueta Do cole á biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Do cole á biblio. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de outubro de 2025

Ler conta moito, da man do Concello de Neda

Un ano máis puidemos gozar do ciclo de animación infantil "Do cole á biblio" que o Concello de Neda promove co gallo do Día das Bibliotecas para a rapazada escolarizada no noso concello. A iniciativa conta co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa “Ler conta moito”.

O luns, foi a quenda do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, quen asistiu ao espectáculo de malabares, equilibrios e clown do “Circo da Biblioteca”, con Dani Blanco, na Casa da Cultura de Neda.

O martes foi a quenda da rapazada de 1º, 2º e 3º de primaria, quen tivo ocasión de desfrutar das historias e dos trucos do Mago da Boina e de Nami no espectáculo “A maxia dos libros”.

E o mércores, foi o alumnado de Infantil quen puido gozar do contacontos musical “Os rizos de Lía", coas historias e as cancións de Paty Lesta.


Grazas ao Concello de Neda pola iniciativa!