venres, 30 de maio de 2025

Un día máis de traballo na horta

Nesta xornada focalizamos o traballo da horta no invernadoiro, poñendo en sucesión os cultivos existentes pensando no verán: colocamos tomates cherry, xa que ainda que son pequeños, son moi resistentes e outros de Abuela de Osedo, que é unha variedade autóctona de tomates grandotes moi bos para facer enladada. Plantamos xunto a eles ouregos da horta de Péibol, que leva reproducindo dende que tiña 8 ou 9 anos.

Os maiores, no invernadoiro encargáronse de limpar as herbas non desexadas e clarear entre cultivos e colleitar.


Os restos usámolos para para metelos nos bordes contra o plástico do invernadoiro e alimentar esas borduras perennes que estamos a crear, e o resto da materia orgánica foi para as composteiras.

Nos bordes exteriores do invernadoiro - o noso hotel de insectos xigante - metimos algunha planta de romeu rastreiro, millo de flocos e leitugas das que sementaron en infantil para ir aumentando a diversidade de recunchos-fogar de fauna auxiliar beneficiosa.

Por último fixemos un niño/alcorque para plantar un aguacate: aireamos a terra, engadimos abono peletizado, fixemos un caldo rico para microorganismos beneficiosos para alimentar o noso aguacate, puxemos sementes de leguminosas que darán nitróxeno á terra, patacas que airearán superficialmente e millo de flocos para dar sombra e así poder facer flocos de millo mentras medra o aguacate.

Está situado detrás do último árbol ornamental na zona do aparcadoiro, de xeito que o aguacate será unha árbore emerxente que protexera a escola do norte, pasará por encima do ornamental e compartirán os raios do sol do sur entre os dous, un na parte alta e outro na baixa, traballando xuntos en "copa única", que é así como lle chaman e este manexo de forestais.

O alcorque quedou rodeadiño de pauciños, follas e herba cortada, para que garde humidade e se descompoña lentamente facendo chan e delimitando o fogar deste aguacate.




Nesta xornada tamén puidemos observar os restos dun oviño azul do que non atopamos o niño; encontramos un sapo no medio da herba e trasladámolo a unha zona máis segura; e tamén encontramos un grilo ceboleiro, que é un bicho moi guai que soe estar en zonas con moita materia orgánica e que axuda a procesar restos en descomposición, outros insecctos e ademais encárgase de airear a terra coas galerías que excava.

Se son moitos pode provocar danos na horta, especialmente aos cultivos baixo terra, coma as patacas, cenouras ou cebolas, pero como tamén se alimenta de larvas, ter algúns exemplares destes grilos ceboleiros tampouco nos virán mal. É como todo na vida, os excesos sempre son malos, pero se hai un equilibrio, entón non teremos problemas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario