Grazas á iniciativa de dúas familias da escola, que iniciaron un fermoso proxecto para identificar a grande variedade de árbores do noso patio e para o que tiveron que facer tarefas de documentación e de formación para o emprego de recursos dos que dispón ao centro e que están ao servizo de toda a comunidade, realizaron unha actividade co alumnado de 6º de Educación Infantil pero da que poderemos gozar toda a comunidade educativa.
Aprenderon a manexar a cortadora láser para elaborar a cartelería en madeira para sinalización das árbores do patio e tamén elaboraron uns identificadores cos nomes propios da cativada.
O produto final, ademais desta cartelería, foi un mapa interactivo das árbores que temos no patio, co que podemos aprender moitas das súas características e que poderá seguir medrando ano tras ano.
Moitas grazas, familias. Que sorte a nosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario