lunes, 28 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

     Bo día rapazas e rapaces!

    Aquí temos os vídeos que nos enviastes polo Mes da ciencia en galego.

     Grazas a todas e todos por participar!

 

Feito con Padlet

jueves, 24 de noviembre de 2022

25N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

      O venres 25 conmemórase o Día contra a violencia de xénero. No recanto temático da biblioteca podedes atopar libros relacionados coa igualdade entre nenas e nenos e a vida de moitas mulleres da nosa historia. Animádevos a pasar por alí e poderedes descubrir un montón de cousas sobre estas mulleres que nos foron abrindo camiño.


 

NOVAS MANUALIDADES

     Xa temos máis manualidades con material de refugallo, desta vez as achegas son de Hugo Casal de 2º EP e Hilde e Aldara de 6ª EI.



lunes, 21 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

      No mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego. Nós xa temos no corredor da entrada un estante cunha selección dos libros que podedes atopar na nosa biblio

 


 

      Ademais dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística anímanvos a gravar un experimento na nosa lingua e enviarnos o vídeo para poder compartilo con todos vós. Na mesa que se atopa á entrada da biblioteca podedes atopar unha selección de libros de experimentos que vos poden dar algunha idea.

      Aquí podedes ver o experimento que nos enviou Oliver de 2º EP.

 


 


lunes, 14 de noviembre de 2022

MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Boas rapazas e rapaces!!

Xa temos as primeiras fotos das manualidades feitas con material de refugallo. Os artistas son Alex de 2º EP e Aldara de 3º EP.

Mirade que ben lles quedaron!!





MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Boas rapazas e rapaces!

Que sorte teñen os nosos alumnos e alumnas de Infantil e 1º EP!!

Todas as semanas os compañeiros e compañeiras de 4º, 5º e 6º EP van polas súas aulas a contarlles contos e a facerlles gozar con historias fantásticas!!

Aquí podedes ver algunhas fotos:









miércoles, 9 de noviembre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola rapaces e rapazas!!!

Xa temos en circulación as mochilas viaxeiras e este ano como parte do proxecto “SOSteño o mundo coas miñas mans” engadimos un libro de manualidades con material de refugallo.

Estade moi atentos/as á nota que vos deixei dentro da mochila xa que aí vos animo a facer algunha e a mandar unha foto ao noso correo: bibliomacin@gmail.com para que poidamos velas todas no noso blog.

 


 


sábado, 5 de noviembre de 2022

SOSteño o mundo coas miñas mans

    Este é o título do proxecto que levaremos a cabo neste curso e nel aprenderemos como podemos axudar ao noso planeta. Estade moi atentos/as ás actividades que vos propoña e...

Animádevos a SOSter o mundo coas vosas mans!!!



XA ESTAMOS DE VOLTA

Ola rapazas e rapaces!!!

Despois de facervos a formación de usuarios tivo lugar a inauguración da biblioteca que estará aberta para todos/as vós os martes e xoves no tempo de lecer. 

Coma noutros cursos, contaremos coa colaboración dos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º EP pero este ano uníronse na primeira quenda do recreo os alumnos e alumnas de 3º EP.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!