jueves, 25 de mayo de 2023

ENQUISA PARA O ALUMNADO

      E para seguir mellorando precisamos, por suposto, a opinión do alumnado que é a quen están dirixidas todas as actividades que facemos.

      Se premedes na imaxe tendes o acceso á enquisa sobre a biblio:

 

ENQUISA PARA O PROFESORADO

      O curso está para rematar e, coma todos os anos, queremos facer unha pequena enquisa que nos axude a avaliar as actividades realizadas e así poder mellorar para o vindeiro curso. Na seguinte ligazón tendes a enquisa para o profesorado:

miércoles, 10 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS

     Como todas sabedes o 17 de maio celébranse as nosas letras que este ano están dedicadas a Francisco Fernández del Riego, intelectual galeguista que traballou a prol da nosa lingua e da nosa cultura.

     Na biblio xa contamos, coma sempre, co recanto adicado a esta conmemoración. Podedes vir a botarlle un ollo cando queirades!

 

     A RAG xa ten preparado o seu material sobre o autor na páxina da Primavera das Letras. Premede nesta imaxe para velo:

 

     Ademais, dende o Seminario Galán ofrécennos diferentes actividades en rede e en papel para coñecer a súa vida e obra. Aquí tendes o enlace:

 

     No noso cole, ademais da exposición sobre a súa vida e obra, fixemos un gran póster con todas as imaxes do alumnado e profesorado do cole:


No seguinte vídeo podedes ver algunha das fotos:

jueves, 4 de mayo de 2023

CONTACONTOS

 

 

     Á volta da ponte comezamos a semana do mellor xeito posible... cun contacontos!!!

      O alumnado de 1º ciclo recibiu a visita de Benxamín Míguez Novoa que nos mergullou na historia de “Gaivota Gourmet” e de “Axente Riciños. Misión Princesa” do escritor: “O Hematocrítico” .

      Que ben o pasamos!!!

   



 

MERENDA LITERARIA

      En abril, aproveitando o bo tempo e dentro do Proxecto Ríos, realizamos un pícnic literario. Saímos a merendar á beira do río e logo o alumnado dos cursos altos leulle contos á rapazada máis pequena. Como gozaron do día!!!

 





 

martes, 2 de mayo de 2023

OS MAIOS

   Comezamos o mes de maio e con el unha conmemoración moi especial para festexar a chegada da primavera: Os maios.

  Neste vídeo podedes escoitar o poema de Curros Enríquez: O maio, musicado por Luis Emilio Batallán.


DÍA DO LIBRO

Polo Día do libro propuxemos a elaboración dun Bookface e a participación non puido ter máis éxito!

Grazas a todas e todos por enviarnos as vosas creacións!!