viernes, 27 de octubre de 2023

LER CONTA MOITO

    Esta semana dentro do programa “Ler conta moito” da Rede Galega de Bibliotecas Públicas o alumnado do cole puidemos ir á Casa da cultura de Neda a desfrutar de diferentes actuacións.

    O alumnado de educación infantil asistiu á obra “O traxe novo do rei”, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP puido gozar do espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín” e o alumnado de 5º e 6º EP desfrutou do espectáculo participativo “Unha maxia diferente”.

 

 

 

miércoles, 18 de octubre de 2023

SAMAÍN

    Boas rapazas e rapaces!

   Estamos no mes do Samaín, pero, sabedes de onde vén esta festa?

   É unha celebración de orixe celta, na que celebraban a fin de verán e o comezo do inverno. O día 31 de outubro comezaba o aninovo celta que o cristianismo reconverteu despois no día de todos os santos.

   Nesa noite do 31 de outubro as ánimas dos mortos volvían ás súas casas para visitar ás familias, quentarse na lareira e alimentarse.

  Para que as ánimas atoparan as vellas casas e para espantar os espíritos malignos as familias deixaban caveiras cunha vela acesa dentro nas portas das casas. De aí vén a nosa tradición de facer os calacús.

  Na biblioteca xa temos a nosa selección de libros de Samaín, non vola perdades!!! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

     O martes 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas escolares. O lema este ano é: “Unha biblioteca escolar en viñetas” e quere poñer o foco en todas as posibilidades que nos ofrece a banda deseñada.

     Estade moi atentas esta semana nas clases de Educación Física porque ides levar algunha sorpresiña relacionada con isto.

     Xa nos contaredes...

viernes, 13 de octubre de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

      O luns 16 conmemórase o Día das escritoras. Dende a biblio animámosvos a que leades libros escritos por mulleres, aquí temos un montón: de Ledicia Costas, Fina Casalderrey, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Susana Isern, Gloria Fuertes, J.K. Rowling.....
     Ademais este ano estamos de celebración porque dúas escritoras galegas levaron premios nacionais:
     YOLANDA CASTAÑO: Premio nacional de Poesía. Dela temos os libros: Punver e Punver de volta.


 

     PAULA CARBALLEIRA: Premio nacional de literatura dramática. Dela podedes ler: Paco, Mateo, O refugallo, Somos os monstros... e moitos máis. 

 


DE VOLTA CON VÓS

     Ola rapazas e rapaces!!!

   Iniciamos novo curso e este ano con novidades!!! Pasade pola biblio para descubrilas!

  O horario este curso será nos recreos do martes, mércores, xoves e venres.

    Vémonos!!!