miércoles, 18 de octubre de 2023

SAMAÍN

    Boas rapazas e rapaces!

   Estamos no mes do Samaín, pero, sabedes de onde vén esta festa?

   É unha celebración de orixe celta, na que celebraban a fin de verán e o comezo do inverno. O día 31 de outubro comezaba o aninovo celta que o cristianismo reconverteu despois no día de todos os santos.

   Nesa noite do 31 de outubro as ánimas dos mortos volvían ás súas casas para visitar ás familias, quentarse na lareira e alimentarse.

  Para que as ánimas atoparan as vellas casas e para espantar os espíritos malignos as familias deixaban caveiras cunha vela acesa dentro nas portas das casas. De aí vén a nosa tradición de facer os calacús.

  Na biblioteca xa temos a nosa selección de libros de Samaín, non vola perdades!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario