xoves, 25 de maio de 2017
domingo, 21 de maio de 2017
CÓNTANOS A TÚA OPINIÓN
Boas rapaces, gustaríame saber algunhas cousiñas sobre o traballo que vimos realizando durante o curso. Para iso preciso que me contestedes as seguintes preguntiñas:
domingo, 7 de maio de 2017
SEMANA DO LIBRO
Xa celebramos no cole a "Semana do libro". Fixemos diferentes actividades comezando coas "Lecturas ao sol", todos os alumnos do cole saíron ao patio a ler un conto durante a hora da lectura. Cada un buscou o seu recuncho e posición para a lectura como podedes ver nas seguintes imaxes:
A seguinte actividade foi a sesión de contacontos coa visita de Iago López. Contounos o seu conto "O cociñeiro Martiño". Gustounos moitísimo!!!!:
Logo chegou o "Apadriñamento lector" no que os nenos de 6º, 5º, 4º e 3º leron contos aos nenos de Educación Infantil no patio. Así foi a actividade:
E para rematar esta bonita semana celebramos a "III Feira do Libro" na que os nenos do cole intercambiaron os libros cos seus compañeiros:
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!!!

domingo, 16 de abril de 2017
Día da Poesía
O día 21 de marzo commemórase o Día da Poesía, por iso no cole xuntámonos tódolos cursos para celebrar o "II Recital de Poesía de Maciñeira". Durante esa semana convertémonos en poetas e poetisas para inventar, ler ou recitar poesías aos nosos compañeiros. Así o fixemos:
mércores, 12 de abril de 2017
CURIOSIDADES DA PRENSA DEPORTIVA
Boas rapaces, aquí tedes algunhas curiosidades sobre a prensa deportiva para que saibades un pouquiño máis:
luns, 10 de abril de 2017
SEMANA DA PRENSA
Boas rapaces e rapazas!!!!
Xa celebramos a semana da prensa, quero ensinarvos como quedou todo o voso traballo realizado durante esta semana. Sodes moi bos periodistas!!!
Xa celebramos a semana da prensa, quero ensinarvos como quedou todo o voso traballo realizado durante esta semana. Sodes moi bos periodistas!!!
martes, 21 de febreiro de 2017
RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola,son Lucía de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Marieta".
Esta colección ten 2 historias nun mesmo libro,por un lado conta a historia dunha señora cando era pequena (concretamente 8 anos en 1935) e por outro, a súa actualidade. Este libro é de estilo cómic, entón non se tarda moito en lelo.De momento hai 3 libros,e están na biblioeca do colexio. Recoméndovolos porque son moi divertidos e enganchan moito.
Ola,son Claudia de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Dad".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)