miércoles, 22 de junio de 2016

DESPEDIDA DOS VOLUNTARIOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Pasamos moi bos momentos na biblioteca tanto como voluntarios como usuarios da mesma. Algúns ao principio non nos queriamos apuntar porque pensabamos que sería aburrido, pero... sabedes que? Estabamos moi equivocados, non só non é aburrido senón que é moi divertido e por iso repetimos os dous anos.
Que pronto pasou todo! Xa estamos en sexto e tócanos despedirnos do cole e da nosa ben quierida biblioteca. Botaremos moito de menos eses ratiños nos que apuntábamos libros no ordenador ou axudábamos aos máis pequerrechos tanto a coller ese libro que tanto lles gustaba como a acompañalos polas escaleiras ás súas aulas. Tamén a Pili e a Lidia, as dúas profes encargadas da biblioteca, que eran moi amables e divertidas con nós.
¡¡ATA PRONTO BIBLIOTECA!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario