Hoxe é o día da poesía, pero tamén é o Día da Árbore, así que aproveitamos - a pesar da chuvia desta mañá - para celebralo por partida doble coa axuda de Pablo, o noso experto en permacultura.
Pablo nos fixo de ponte entre a nosa escola e ASPADISOL, unha asociación que busca a inclusión das persoas con diversidade funcional e que colaboraron con nós aportando diversos troncos de salgueiro e freixo das podas sostibles que realizan nos obradoiros de inclusión laboral.
Con elas realizaron unha bordura en forma de corazón na que hoxe plantaríamos unha maciñeira, entre outras máis cousas, que xa sabemos que as árbores son coma as persoas, que non lles gusta estar soas. Cousas da permacultura, que imos aprendendo!
Velaiquí tedes a bordura xa colocada no cómaro que terra que temos na entrada do cole, onde plantamos a maciñeira e metémoslle tamén sementes de aguacates e patacas, espárragos, bulbos de dalias, allos silvestres...
|
Tamén metimos menta chocolateira, tradescantia e un ourego que nos trouxo Pablo da súa avoa e que leva reproducindo xunto a ela desde que ten 9 anos! E con todo iso e moito compost, rematamos o noso corazón da maciñeira.
Ao final do día, fixémoslle tamén un macizo ao redor da froiteira do lado, cos refugallos que non usamos no corazón da maciñeira: troncos de sobra, garabulliños, follas das que podamos. Aquí nada se perde!!!
|
Contámosvos un segredo: imprimímolas nun papel especial con sementes e colgámolas da nosa nova maciñeira. Así, cando a choiva de primavera desfaga o papel xermolarán flores ao redor da nosa maceira. Que emocionante, verdade?
E así quedou "A maceira de Maciñeira", cargadiña de poesías e cos arelos postos nas mazás que poderemos comer en setembro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario