martes, 1 de abril de 2025

O noso equipo de voluntarios da Biblioteca

Que sorte a nosa contar con un equipo de voluntarios que apoian tanben o traballo de biblioteca durante os recreos:
  • Encárganse do empréstito e devolucións de todo o alumnado, apoiando a apertura e bo funcionamento da biblioteca.
  • Realizan tarefas de xestión, actualización e mantemento do catálogo, colaborando activamente no etiquetado KOHA.
  • Reordenan e revisan os fondos catalogados, mellorando así o espazo da biblioteca.
  • Colaboran na dinamización das actividades promovidas pola biblioteca.
  • E acompañan a outros usuarios no tempo de lecer, especialmente ao alumnado non lector, e colaboran na procura de recursos axeitados aos intereses dos usuarios.


A que esta rapazada é marabillosa? 
Grazas, porque sen vós isto sería moito máis difícil.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario