venres, 9 de maio de 2025

Maios en Albarón

Albarón encheuse un ano máis de flores coa celebración dos maios de Neda, unha festa tradicional recuperada nos últimos anos na nosa localidade. 




Todo o alumnado e  o profesorado dos coles de Neda son os protagonistas desta xornada festiva impulsada polo concello, colaborando nas creacións florais montadas ao redor das árbores da feira na que gozamos xogando e brincando nesta colorida mañá.

Tamén houbo houbo tempo para degustar os habituais boliños preñados aos que nos convidou o Concello. Moitas grazas!


Que vivan os maios de Albarón!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario