martes, 13 de maio de 2025

O tren fantasma chega á nosa biblio

Grazas á editorial Xerais puidemos gozar coa presenza de David Rodríguez, autor de Superavoa, que se achegou ata a nosa biblioteca para contarnos O tren fantasma, unha historia de María Oruña, que comezou a escribir libros infantís a consecuencia de contarlle contos ao seu fillo para durmir.
 


E como broche dourado, cantamos xuntos a canción de O tren de Andrés Dobarro. Un clásico da música galega que nunca pasa de moda.
Grazas por compartir con nós este bocadiño de tempo. 
E grazas a Xerais por facelo posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario