Hoxe preparamos e soterramos no noso patio unha cápsula do tempo, que preparamos con moito mimo escribindo verbas, facendo debuxos e traendo algúns obxectos que nos representasen. Como no libro "O enigma de Sempreviva", de Andrea Maceiras, nós tamén quixemos deixar a nosa pegada no tempo.
E rematamos as reunións do Club de Lectura "Macín le" e poñemos un punto e aparte ata o vindeiro curso cunha sesión campestre chea de poesía. Escoitamos os poemas e cancións do gato poeta de Fran Alonso e divertímonos moito descubrindo todos os enredos deste libro... falamos da importancia da poesía, do amor, dos enredos da lingua, dos xogos de palabras e ata de política! E foi unha delicia.
Foi xenial compartir lecturas con vós ao longo deste curso.
O curso que vén seguimos con máis lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario