Ao chegar do verán, pensábamos que a nosa horta estaría botada a perder, pero a natureza dounos unha nova lección, xa que as plantas seguiron o seu curso natural e estaban agardando por nós para recoller as súas sementes.
Unha explosión de natureza agardando a ser recolectada para que puidésemos observar o fin dos ciclos vitais das plantas e como se vai abrindo o noso invernadoiro á biodiversidade.
En primeiro lugar démoslle un toque de orde e limpeza ao alpendre da horta: colocamos ferramentas e deixamos ben ordeadas as bandexas dos semilleiros para comezar un novo ciclo.
Tamén incorporamos materia orgánica no noso macrohotel de bichos ao redor do invernadoiro e comprobamos se algunha especie nova de insecto quíxose sumar á festa da biodiversidade.
Despois comezamos a recoller sementes: leitugas, acelgas, tomates e tomates cherry, porros e sumamos as que trouxo o alumnado das súas hortas: grelos, aromáticas, cenouras, chícharos, pementos...
Tamén podamos o seco e retiramos as plantas que non nos interesan.
E coma sempre, Peibol deixoinos tarefas para a súa próxima visita:
- Investigar a duración do ciclo de vida do escornabois.
- Contabilizar sementes de flores de leitugas e porros para saber cantas entrarían en 100g. e moitas outras voltas máis coas matemáticas.
- E facer semilleiros por grupos para que cada grupo teña plantel de todas as especies que colleitamos nos seus bancais.
Isto é vida!!!
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario