luns, 15 de setembro de 2025

Comeza un novo curso, adicado ao deseño e as nosas tradicións

Comeza un novo curso cheo de enerxía cunha biblioteca renovada, que aglutina non só recursos senon tamén novas formas de relacionarnos, interactuar e aprender.

Este curso queremos poñer o foco nas nosas tradicións, porque ainda que sabemos ben cara onde queremos ir, non podemos esquecernos de onde vimos, e para iso queremos dar un paseo da man das nosas tradicións e no noso patrimonio cultural, tanto material como inmaterial. 


Desde a biblioteca escolar, acompañaremos no tránsito entre as ideas e a materialidade, deseñando novos produtos sociais relevantes que viaxen da man da cultura e o deseño galego como parte fundamental do noso patrimonio, símbolo de identidade e ferramenta ao servizo da sociedade. 

Benvidos ao novo curso 2025-2026! Comezamos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario