Por que hai tan poucas magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
Grazas á nosa ANPA e da man de Sara e Óscar, de Maxia na Manga, puidemos gozar dun espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual: o da igualdade de xénero.
Porque xuntas facemos un mundo mellor, non podemos máis que agradecer á nosa ANPA todo o esforzo que fan en posibilitar actividades coma esta na nosa escola.
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario