venres, 28 de novembro de 2025

O alumnado de 5º e 6º aprendemos a usar a radio

 Onte e hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo un obradoiro de formación en Radio na Biblio da man de Pablo, de Rede Espora. 

Despois de recibir unhas cantas nocións teóricas sobre a radio, os seus elementos, os programas que podemos empregar e diferentes consellos, puidemos practicar, por equipos, e gravar os nosos propios programas de radio. 

Despois dun traballo previo, redactando as nosas escaletas na aula, puxémonos na pel de locutores e técnicos de son para gravar os podcast.

Gustounos moitísimo este obradoiro e non paramos de pensar as inmensas posibilidades que a radio nos pode abrir na escola. Estamos desexando comezar e facer que a radio da Biblioteca de Macín sexa unha realidade!



Ningún comentario:

Publicar un comentario