O 17 de marzo festexamos o patrón de Irlanda, unha festa chea de cor, música e tradición que nos leva ata esta terra verde, onde ten a súa orixe.
O alumnado de sexto preparou actividades para todo o cole. Fixeron un obradoiro activo no que había que poñerlle o sombreiro ao "Leprechaun" (trasno irlandés) e quitarlle moediñas de ouro para encestar no caldeiro.
Tamén practicaron bailes propios da data, maquilláronse e crearon pulseiras de trebo ou complementos para posar no photocall.
A través destas actividades tinguímonos de verde e coñecimos a historia de San Patricio, unha figura que forma parte do imaxinario cultural irlandés. Unha oportunidade para descubrir outras culturas, aprender novas historias e celebrar a diversidade, facendo da escola un espazo aberto ao mundo, á curiosidade e á convivencia. Estivo ben divertido!
Grazas Teacher Lucía por facelo posible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario