mércores, 29 de abril de 2026

Moooito conto!

Cumprindo coa enconmenda de Macín para este mes de abril enchemos a nosa escola de historias compartidas e momentos especiais arredor da lectura. 

O alumnado de 5º de Educación Infantil visitou a aula de 1º de Primaria para contarlles o conto A que sabe a lúa?, de Michael Grejniec. 





__________

O alumnado de 3º de Primaria tamén escolleu a clase de 1º para ir contar, nada máis e nada menos que Zog e os doctores voladores. Unha trepidante aventura da princesa Alelí e o cabaleiro Xurxo que voan ao lombo do gragón Zog para axudar a quen o precise: sereas, leóns e ata unicornios en apuros... Pero que acontece cando o doente é o mesmiño rei???




_______
Estas experiencias permítelles non só desfrutar da lectura, senón tamén traballar a expresión oral, a confianza e o gusto por comunicar aos demais todo o que os libros poden ofrecer.


Actividades coma esta axudan a fortalecer os vínculos entre etapas e converten a lectura nunha experiencia compartida, na que aprender e emocionarse vai sempre da man. Porque na nosa escola os contos medran cando se len… pero aínda máis cando se contan.



Ningún comentario:

Publicar un comentario