Un ano máis puidemos gozar do ciclo de animación infantil "Do cole á biblio" que o Concello de Neda promove co gallo do Día das Bibliotecas para a rapazada escolarizada no noso concello. A iniciativa conta co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa “Ler conta moito”.
O luns, foi a quenda do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, quen asistiu ao espectáculo de malabares, equilibrios e clown do “Circo da Biblioteca”, con Dani Blanco, na Casa da Cultura de Neda.
O martes foi a quenda da rapazada de 1º, 2º e 3º de primaria, quen tivo ocasión de desfrutar das historias e dos trucos do Mago da Boina e de Nami no espectáculo “A maxia dos libros”.
E o mércores, foi o alumnado de Infantil quen puido gozar do contacontos musical “Os rizos de Lía", coas historias e as cancións de Paty Lesta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario