E no mes de novembro, teremos moita ciencia nas bibliotecas galegas, e por suposto, tamén na nosa biblioteca. Non dubides en vir facer os experimentos e visitar a nosa exposición de Mulleres na ciencia ao longo destas semanas para gozar coa ciencia e aprender moitísimo!
Te apuntas?
Podes botarlle unha ollada á exposición das Mulleres con Ciencia tamén desde aquí, premendo na seguinte imaxe. E non dubides en participar no xogo detectives sobre a ciencia! Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas e que podes consultar aquí.
Pola nosa parte, poñemos a disposición de toda a comunidade educativa os nosos fondos sobre ciencia. Como vedes, os máis pequenos do cole, xa están dando boa conta deles!
Ciencias naturais, mediciña, matemáticas, astronomía, tecnoloxía, enxeñaría, robótica... E a ti? Que che presta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario