Comezamos cunha dobre proposta de retos STEAM para facer no tempo de recreo na biblioteca. Grazas aos nosos voluntarios de biblioteca, que estiveron moi pendentes de todo o que facían os máis pequenos do cole, todos os que se pasaron pola biblioteca puideron realizar estes dous experimentos.
A través destas infografías e seguindo os seus textos instrutivos puidemos realizar estas dúas experiencias baseadas nas propiedades da luz e nas reaccións químicas sinxelas.E aínda que os experimentos parecen doados, hai moitas variables que ter en conta. Pouco a pouco imos perfeccionando as nosas accións e sacando conclusións dos feitos que imos observando.
Ademais as preguntas STEAM ao final nos axudan a dirixir o foco nas nosas investigacións posteriores, ben sexa na casa pola nosa conta ou na escola, nas titorías de cada grupo.
A verdade é que a nosa biblioteca estase a converter nun verdadeiro laboratorio de ideas, un lugar no que aprender a través da experimentación, pero tamén grazas aos procesos de investigación, libres ou dirixidos, que se dan nela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario