Hoxe, 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o noso cole encheuse de superheroes e superheroínas do bo trato. Reunímosnos na entrada da escola para celebrar un acto reivindicativo na que recordamos a importancia do bo trato no que participaron todas as aulas e no que as nosas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de Primaria léronnos un manifesto pola igualdade e a non violencia, que dicía así:
"Os superheroes e superheroínas do CEIP de Maciñeira en Neda vimos con moita forza para fomentar a igualdade entre os nenos e as nenas. Estamos aquí para animarvos a utilizar os vosos superpoderes contra a violencia de xénero.
Porque, sabedes que vós tamén tedes superpoderes? Ímos lembrarvos cales son:EMPATÍA: Porque somos capaces de escoitar aos demais, poñernos no seu lugar e darnos conta de que nos necesitan.
XUSTIZA: Porque sempre estamos dispostos a ser xustos e xustas para resolver problemas e mellorar a vida de nenos e nenas do mundo enteiro.
LIBERDADE: Porque somos capaces de elexir e deixar que os demais tamén o fagan.
EDUCACIÓN: Porque coa educación os nenos e nenas aprendemos a colaborar e podemos facer xuntos e xuntas, cousas superinteresantes.
TOLERANCIA: Porque sabemos que as persoas somos todas distintas e nos acostumamos a querernos e vivir xuntas coas nosas diferenzas.
RESPECTO: Porque tratamos a todos os nenos e nenas como as persoas valiosas que son.
IGUALDADE: Porque tratamos aos nenos e nenas de igual xeito. Por todo isto:
VIVE EN IGUALDADE!
VIVE SEN VIOLENCIA!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario