martes, 18 de febreiro de 2025

Os nosos primeiros 100 días de cole!

Hoxe cumpríronse os 100 primeiros días de cole e había que celebralo por todo o alto. As tres aulas de Educación Infantil e a de 1º de Primaria, que compartimos o edificio pequeno do cole, levaron moi ben a conta dos 100 días, así que merecían celebrar este hito.

Así que hoxe puidemos gozar dunha instalación de inverno no noso patio cunha chea de actividades: xogos de movemento, de puntería, actividades de exploración, minimundos e moito máis. 

Por aquí deixámosvos algunha fotiño para que gocedes tanto coma nós deste día.

Un recuncho con libros de inverno

Unha pista para esquiar en parella.



Unha folerpa xigante de papel

Minimundos








Unha arañeira

Cintas de cores e miles de destellos



Xogos de remexer, buscar e atopar.


Trasvases

E máis trasvases.


    Xogo de pesca  e cubiños sensoriais.

Animáis conxelados



Xogo de puntería


Foi marabilloso! Por outros 100 días máis!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario