A partir de hoxe teremos na nosa biblioteca unha caixa vermella cunha selección de fondos relacionados coa sexualidade e a identidade sexual xa que normalizar este tema axúdalle ás crianzas a entender o seu propio corpo e a desenvolver unha imaxe positiva de si mesmos máis alá das convencións sociais.
Ademais proporciona información precisa sobre a reprodución, as relacións e a saúde sexual, o que pode previr malentendidos e mitos.
Abordar estes temas desde a escola, fomenta unha comunicación aberta e ensínalles aos nenos e nenas a respectar os seus propios límites e os dos demais, o que contribuirá á prevención de abusos e a promoción de relacións saudables no futuro.
Falar de sexualidade empodérate con coñecemento e habilidades que te serán útis ao longo da vida. Por iso, recomendámosche que escollas algún libro dos seleccionados para esta caixa na túa próxima visita á biblioteca.
Están sinalizados cun pictograma na súa portada que o relaciona coa sexualidade, cos símbolos de feminino e masculino.
Estes son os títulos dispoñibles polo momento, mais xa sabesdes que a colección cada día medra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario