martes, 21 de outubro de 2025

Bota a andar o club de lectura de 6º de Educación Primaria

Este ano o club de lectura Maciñeira de Libros conta con dous grupos, un grupo de 5º de EP coa profe Lidia e un grupo de 6º de EP que repite coa profe Fátima. 

Hoxe comezamos esta nova andadura renovando o compromiso do alumnado e recordando os momentos vividos o pasado ano no club. Dado que somos un novo club de lectura (posto que marcharon os membros que pasaron ao instituto), escollimos un novo nome para identificarnos. Despois dunha chuvia de ideas e dun longo debate e votación saiu escollido “@s Amig@s de Macín”.

Unha vez tivemos claro o noso nome, puxémonos mans á obra para, por equipos, deseñar un novo logo para o noso club. Colaboramos, compartimos ideas e finalmente escollimos o noso logo. O vindeiro día elaboraremos as chapas que nos identifique como membros deste club.









Ademais, coñecimos e levamos en empréstito o libro que leremos este mes: “Liliam Strawberry e o paxaro da morte”, de Abel Tomé e ilustrado pola ferrolana Blanca Vila. Sobre esta última comezamos a investigar un pouco na rede para saber algo máis dela e compartir información na vindeira sesión. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario