O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
A biblioteca escolar é a primeira biblioteca que nos aprende a usar outras bibliotecas e a que o pon en contacto á infancia con eses outros espazos do coñecemento e do lecer: as bibliotecas públicas.
Neste curso no que duplicamos espazos e diversificamos os recursos da nosa Biblioteca, temos como obxectivo lograr unha maior apertura á comunidade educativa, para se converter nunha ferramenta ao seu servizo.
Isto trae consigo a necesidade de mediación dos axentes implicados:
- Por unha parte, as mestras, que actúan como mediadoras de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.
- Por outra banda, o noso Equipo de Biblioteca, que fai unha labor fundamental para lograr o bo funcionamento do servizo co acompañamento dos máis pequenos nos tempos de lecer.
- E outros membros da comunidade educativa, como as familias colaboradoras ou a ANPA da escola, que amplian coñecementos sobre os proxectos desenvolvidos nas aulas ou organizan actividades de extensión cultural.
E para celebrar esta sorte nosa, no Día das Bibliotecas, pasamos pola nosa biblio e nela puidemos estrear a nosa zona STEAM, na que se incorporan os fondos de consulta e outros recursos tecnolóxicos, e na que, seguindo un texto instrutivo, fixemos unhas chapas para conmemorar este día.
#Bibliotecas_para_todos_os_públicos
#contra_a_desinformación_Bibliotecas




Ningún comentario:
Publicar un comentario