Chega o inverno e toca facer planificación dos traballos da horta para a estación do ano que vai chegar.
Limpamos as follas grandes dos corredores do invernadoiro, asomando a folla triturada, que engadimos nos bancais.
Repartimos maxia aboando de forma natural os bancais cun preparado multiorgánico e co sementeiro de chícharos -fixadores de nitratos- que prepararon a rapazada de infantil. Tamén engadimos o noso compost, ainda que xeramos pouca cantidade e temos que buscar algunha estratexia para incorporar máis materia orgánica nas nosas composteiras.
Para rematar a xornada, plantamos un carballo que é fillo do Museo de Historia Natural de Ferrol no noso patio e atopamos unha chea de vida na nosa terra ao facer o furado para plantalo. E como sempre, aumentamos diversidade de nutrintes aportando outras plantas e sementes á especie principal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario