martes, 2 de decembro de 2025

“Macin e os Megalectores” len Escarlatina, a cociñeira defunta

 Hoxe “Macín e os Megalectores” tivemos a nosa segunda reunión, onde comentamos e fixemos actividades relacionadas coa lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta, un libro de Ledicia Costas ilustrado por Víctor Rivas. 

Durante a comida fixemos a tertulia sobre o libro, que foi o que máis nos gustou e o que menos, que opinábamos das personaxes e das receitas de Román e Escarlatina. Despois de comer fixemos as chapas do club co nome e o logo que escollemos na anterior sesión. Son moi doadas de facer e quedaron super chulas!

A seguinte actividade gustounos moito, metémonos na pel dos protagonistas da novela e convertémonos en cociñeiros e cociñeiras dentro da nosa biblio!! Empregando a receita das Piruletas de chocolate do Libro de receitas de Román puxémonos mans a obra a fundir, remover e decorar as nosas piruletas. Mágoa ter que esperar a mañán para que enfríe o chocolate e poder, por fin, degustalas.



Despois de cociñar, comecemos o seguinte libro que imos ler: Esta é a miña historia e terás que crela, de Érica Esmoris. Para rematar a sesión botamos unha partida ao noso Escarlatrivial. Gustounos un montón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario