martes, 2 de decembro de 2025

Unha nova xornada de horta! - decembro

Traballar os procesos da horta nas escolas é moito máis ca plantar sementes: é cultivar aprendizaxes que medran co tempo. 

A través do coidado da terra, comprendemos os ritmos da natureza, aprendemos a respectar os ciclos da vida e descubrimos o valor da paciencia e do esforzo compartido. 

Ademais, fomenta hábitos saudables e unha conciencia ecolóxica imprescindible, axudando a formar persoas máis conectadas co seu contorno, máis críticas e máis comprometidas co coidado do planeta.

Hoxe foi un fenomenal día de traballo no invernadero e xardín.

Con todos os grupos falamos do ciclo de vida: dos escornabois e a súa vida efímera como adulto e da importancia de crear hoteis de insectos que lles permita facer o seu ciclo vital no noso xardín. Aprendimos que moitos pícaros marcharán do cole antes de que un escornabois cumpla o seu ciclo vital!!!

Algúns limpiamos bancais e comezamos a plantar cebolas e chícharos. Outros colleitamos compost e repartímolo nalgún bancal. No traballo na zona das composteiras puxemos o foco nos materiais impropios: plásticos de iogur, bebibles, bolsas, tapóns...

Algúns falamos de que a auga non se gasta senon que se xestiona. Algún fixemos unhas cousas e outros outras, pero todos fixemos algo polo xardín do cole.




A horta convértese así nun espazo vivo de experimentación, onde a ciencia, a responsabilidade e a colaboración se entrelazan de forma natural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario