venres, 17 de abril de 2026

Biodiversidade e planificación: horta a pleno rendemento!

Para que a horta funcione coma un reloxo, non abonda con darlle ao sacho; hai que ser un pouco estrategas. Por unha banda, ter un sistema de rego eficaz quítanos un peso de enriba (e salva as plantas nas pontes!), pero por outra, non podemos esquecer que unha horta sa precisa de vida. Aquí é onde entra a biodiversidade.

Javi, o noso conserxe, deixara preinstalada a mangueira que nos cedeu ASPADISOL no interior do invernadoiro e entre varios alumnos puxémoslle os difusores para que a responsabilidade de abrir e pechar a billa sexa o suficiente como para asegurar o rego eficaz en todos os bancais. Queda pendente facer os cálculos de volumes de auga e o uso eficiente dos recursos hídricos co novo sistema de rego!



Unha idea xenial que estamos poñendo en marcha é crear un macro hotel de insectos á beira do invernadoiro aproveitando os restos de poda que deixaron ao lado da escola para montar unha "residencia de luxo" para polinizadores e aliados que manteñen as pragas a raia de forma natural. 

É unha pasada ver como o alumnado entende que todo está conectado: dende o programador que solta a auga xusta ata o pequeno escaravello que vive entre a leña e protexe os nosos tomates. Ao final, estamos creando un pequeno ecosistema onde nada se tira e todo suma



Preparamos unha apócema de maxia con dous fermentados para darlle de comer ás nosas plantas, medindo volumes e calculando porcentaxes.


 

Plantamos un platanero á beira do invernadoiro, para o que fixemos un furado colaborativo e colocamos unha bordura con troncos que nos agasalla bonitas formas, protección contra os cortes da desbrozadora e fai de casa para escornabois. Ese alcorque é tan diverso coma nós: o plátano é o foco, pero hai semillados tamén tomate de árbore e faballóns. 

O último que temos que destacar é que grazas á suxerencia directa de non perder o tempo coas presentacións, e o importante que son para Pablo, logramos facelas de xeito moito máis rápido, eficaz e respectuoso cos outros, escoitando atentamente aos demais. 

Un cambio espectacular na forma de afrontar esta dinámica!

Felices pola colleita vexetal tan abundante - pero tamén pola colleita en valores de colaboración e traballo en equipo - e case sen atención na nosa horta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario