venres, 8 de maio de 2026

Estupendo día de horta!

O traballo na horta escolar vai moito máis alá de sementar ou recoller froitos; é unha ferramenta que transforma o patio nun laboratorio de experiencias reais. Ao mergullar as mans na terra, no só descubrimos a orixe dos alimentos e a importancia dunha nutrición saudable, senón que tamén cultivamos valores fundamentais como a paciencia, a responsabilidade e o respecto polos ciclos da natureza

Hoxe puidemos colleitar unha barbaridade de cousas para nós: acelgas, coliflor, brécoles, berzas, romero, e retiramos tamén gran cantidade de materia orgánica para a compostaxe.


Traballos na  poda da maceira vella, e démoslle comida líquida na maceira nova, podamos e limpiamos  malezas y reproducimos ourego en abundancia.

No invernadoiro, vimos a abundancia de tomates e acelgas que nacen sós do ano pasado xa que os deixamos ir a flor e sacar a semente. Sacamos sementes de repolos, brécoles e grelos porque estaban case maduras e estamos ca lúa  menguante. Tamén plantamos tomates, porros e perixel.


Xa vedes como esta "aula viva" permite traballar de xeito vivencial moitos contidos de ciencias, matemáticas ou linguas, fomentando un traballo en equipo onde a cooperación é a clave para ver medrar o froito do seu propio esforzo. Seguimos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario