martes, 5 de maio de 2026
“Macín e os Megalectores” len A escola robot
Este mes o Club de lectura de 5º de EP "Macín e os Megalectores" limos A escola robot, de Anxo Fariña. Ademais, tivemos a sorte de que puidemos coñecer ao autor e saber como era o seu proceso creativo, tanto coa ilustración como coa historia en xeral.
Despois de comer, estivemos a falar sobre a obra, as nosas impresións sobre a historia, as ilustracións, o final da historia, a experiencia de coñecer ao autor...
A continuación, coñecimos o libro que nos toca ler o vindeiro mes, O enigma de Sempreviva, de Andrea Maceiras.
Para finalizar a sesión, construímos os nosos propios robots empregando os sets de Lego WeDo empregando as tablets para montalos e programalos. Gustounos un montón a experiencia!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)





Ningún comentario:
Publicar un comentario