Un ano máis, o alumnado dos distintos centros educativos de Neda participamos na celebración da Festa dos Maios, unha actividade promovida polo Concello que compartimos co CEIP San Isidro e a Semente Trasancos.
mércores, 20 de maio de 2026
martes, 7 de abril de 2026
Obradoiros de ciencia
O alumnado do 3º ciclo de Primaria participou nun interesantísimo obradoiro de ciencia organizado grazas ao CITEEC e promovido polo Concello de Neda, nunha proposta educativa que achegou a ciencia dun xeito práctico, manipulativo e moi motivador.
Ao longo da actividade, o alumnado converteuse en pequeno equipo de investigación, explorando diferentes ámbitos científicos a través da experimentación directa. Puideron experimentear coa hidráulica, onde puideron observar como a auga se comporta en distintos sistemas e como se pode empregar para transmitir forza e movemento. A través de montaxes sinxelas e sorprendentes, comprenderon mellor conceptos que adoitan parecer complexos cando se explican só na aula.
Outro dos talleres estivo dedicado á arquitectura de estruturas, no que o alumnado tivo que enfrontarse ao reto de construír e deseñar estruturas estables. A creatividade, o traballo en equipo e a capacidade de resolver problemas foron fundamentais para conseguir deseños resistentes, aprendendo así principios básicos da enxeñaría e da construción.
Tamén houbo espazo para a exploración das propiedades dos materiais, onde puideron tocar, comparar e experimentar con diferentes elementos para descubrir como se comportan ante presión, peso ou deformación. Esta actividade espertou moita curiosidade e permitiu comprender que cada material ten características propias que determinan o seu uso no mundo real.
Estes obradoiros foron unha oportunidade magnífica para achegar a ciencia á vida cotiá, fomentando a curiosidade, o pensamento crítico e o gusto por aprender facendo. A experiencia demostrou que a ciencia non só se estuda, senón que tamén se vive, se constrúe e se comparte.
Unha xornada chea de descubrimentos que, sen dúbida, deixa pegada no camiño do noso alumnado como pequenos e pequenas investigadoras.
|
|
|
luns, 30 de marzo de 2026
Coñecemos parte da nosa historia: A revolta das pedradas
Esta coraxe histórica conecta directamente co espírito do movemento feminista actual e as mobilizacións do 8M, lembrándonos que a loita pola xustiza social sempre tivo rostro de muller. Hoxe, ao reivindicarmos o noso espazo na historia, honramos a aquelas mulleres de Neda que, moito antes das proclamas modernas, xa sabían que a unión e a acción directa son as ferramentas máis potentes para transformar o mundo.
Así, durante o mes de marzo, o alumnado do 2º ciclo de Primaria traballou sobre este feito da nosa historia local. A través dunha presentación lembraron a estas mulleres de Fene, Neda e Narón que lideraron nos seus inicios a revolta chamada “A Revolta das Pedradas”.
Falaron da importancia de igualdade de dereitos de homes e mulleres e a continuación debuxaron unha "pedra" nunha folla, na que escribiron dentro un dereito da muller. Enrugáronna como se fose unha pedra e lanzaron a bola de papel ao berro de:
“Pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres!”
mércores, 22 de outubro de 2025
Ler conta moito, da man do Concello de Neda
Un ano máis puidemos gozar do ciclo de animación infantil "Do cole á biblio" que o Concello de Neda promove co gallo do Día das Bibliotecas para a rapazada escolarizada no noso concello. A iniciativa conta co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa “Ler conta moito”.
O luns, foi a quenda do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, quen asistiu ao espectáculo de malabares, equilibrios e clown do “Circo da Biblioteca”, con Dani Blanco, na Casa da Cultura de Neda.
O martes foi a quenda da rapazada de 1º, 2º e 3º de primaria, quen tivo ocasión de desfrutar das historias e dos trucos do Mago da Boina e de Nami no espectáculo “A maxia dos libros”.
E o mércores, foi o alumnado de Infantil quen puido gozar do contacontos musical “Os rizos de Lía", coas historias e as cancións de Paty Lesta.
mércores, 11 de xuño de 2025
Teatro con G
venres, 30 de maio de 2025
Galicia sabe a mar
- Humus de fabas de Lourenzá e Mexillón de Galicia á carbonara de mar.
- E croqueta de chopo de pescadeRías e ali oli de pementos de Herbón.
A iniciativa busca promover o consumo de peixe entre a rapazada falándolles da importancia de incorporalo á súa dieta coma unha opción saudable de alimentarnos. Xa se sabe que hai que comer ben para medrar mellor. A iniciativa busca promover o consumo entre a xente máis nova nun momento de progresivo descenso da presenza destes alimentos na cesta da compra das familias.
martes, 27 de maio de 2025
Estamos de noraboa!
Premia así o traballo de toda a comunidade educativa - voluntariado; familias colaboradoras; profesorado e outros axentes - en prol dunha forma de ser biblioteca atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento, pero tamén de busca de solucións para problemas reais baixo o enfoque do desenvolvemento sustentable.
Un sinceiro agradecemento a todas as persoas que contribuistes a logralo grazas ao voso traballo desinteresado.
Hoxe estamos moi contentas, pero sobre todo estamos agradecidas por tecer unha rede tan forte de lazos na nosa comunidade.
Parabéns a todas vós!
venres, 9 de maio de 2025
Maios en Albarón
Albarón encheuse un ano máis de flores coa celebración dos maios de Neda, unha festa tradicional recuperada nos últimos anos na nosa localidade.
Todo o alumnado e o profesorado dos coles de Neda son os protagonistas desta xornada festiva impulsada polo concello, colaborando nas creacións florais montadas ao redor das árbores da feira na que gozamos xogando e brincando nesta colorida mañá.
Tamén houbo houbo tempo para degustar os habituais boliños preñados aos que nos convidou o Concello. Moitas grazas!
xoves, 8 de maio de 2025
Obradoiros de resolución de conflictos con Andrea Bechlian
mércores, 12 de marzo de 2025
Obradoiro sobre micromachismos, para unha igualdade real
Grazas ao Concello de Neda, puidemos gozar cun obradoiro sobre micromachismos, dentro do programa "Neda, pola igualdade real" co gallo do Día da Muller.
A nosa biblioteca acolleu esta actividade que busca fomentar a igualdade, e propiciar que a rapazada reflexione sobre todos eses pequenos xestos e expresións sexistas que contribúen a perpetuar os roles de xénero.
Tras avaliar os nosos coñecementos sobre estes catro conceptos elementais en materia de igualdade, poñemos tamén a lupa na nosa contorna familiar a través dunha actividade de rol-playing.
Tamén analizamos como moitas das letras das cancións seguen a trasladar mensaxes machistas e como nos contidos das redes sociais más usadas se produce unha hipersexualización.
Antes de marchar deixáronnos unha caixa malva na que ir deixando pegadas da nosa loita contra os micromachismos. Seremos quen de enchela?









